|
Unha tarde de novembro un grupo de persoas xuntouse no Café de Ramón, ca única finalidade de poñerse dacordo para representar unha obra de teatro, así naceu Miolos de Fume. Despois de moitos ensaios, acadámo-lo noso obxectivo, ¡Representar O Achado do Castro! Esta obra, de Manuel Nuñez Singala, non podía ter máis éxito, conseguimos representala dúas veces no Auditorio Xosé Casal de Vila de Cruces e sirveunos para darnos a coñecer ó mundo. Agora, e despois dunha pequena crise, voltamos ó escenario ca mesma obra inda que algúns pequenos cambios no reparto, o noso obxectivo e representala alá onde nos chamen. Ca chegada do novo curso comezaremos unha nova obra. Seguiremos informando Contacto: sergiodemella@hormail.com |
||